Creamos todo tipo de proxectos audiovisuais para divulgar e promocionar diferentes recursos ou entidades, cunha especial orientación cara o patrimonio, o turismo e a promoción territorial.

Estratexias e proxectos culturais de carácter innovador
para o desenvolvemento local e a dinamización do territorio.
Coñecer para transformar
Partimos dunha análise profunda da realidade local sobre a que deseñar proxectos que dean respostas creativas ás necesidades da comunidade local e aproveiten as oportunidades do territorio.
Un enfoque plural
Abordamos os traballos dende una mirada propia, construída dende a intersección do audiovisual, a arquitectura e as ciencias sociais, coa que formular propostas innovadoras.
Implicar á comunidade
Traballamos da man da comunidade local buscando a súa participación como garantía de sostibilidade dos proxectos e fundamento para un impacto positivo e prolongado.
Os NOSOS eixos de traballo
Tres campos de acción interrelacionados

Patrimonio cultural e desenvolvemento local
Realizamos proxectos que teñen o patrimonio cultural como eixo sobre o que articular propostas orientadas ao seu aproveitamento social e ao desenvolvemento local.

Territorio e planeamento
Traballamos na análise e planeamento sostible do territorio e na planificación dos seus recursos. Realizamos servizos cartográficos e de xestión catastral. Executamos rehabilitacións de construccións tradicionais.

XA CONFIARON EN NÓS:





