• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir al pie de página
NOSO Cooperativa

NOSO Cooperativa

  • Contacto
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter

Proxectos audiovisuais e de promoción territorial

Fotografía, vídeo, drons e virtualización

Creamos todo tipo de proxectos audiovisuais para divulgar e promocionar diferentes recursos ou entidades, cunha especial orientación cara o patrimonio, o turismo e a promoción territorial.

  • Visitas virtuais interactivas: ideamos e xeramos visitas 360º inmersivas para a promoción territorial: espazos exteriores, espazos naturais, públicos; así como de espazos interiores: museos, edificios administrativos, empresas, vivendas.
    Realizamos dende virtualizacións de entornos ata a xeración e creación de contidos integrados nos 360º de carácter interpretativo.
  • Fotografía aérea e filmación de vídeos. Utilizando aeronaves non tripuladas con cámaras de alta resolución e os sistemas máis modernos de teledetección por sensores e estabilización, conseguimos imaxes cunha perspectiva diferente.
  • Reportaxes fotográficas editoriais ou publicitarias. Aportamos imaxes de calidade sobre temáticas especializadas ou corporativas para editores, publicacións, páxinas web, empresas e redes socias
  • Fotografía de arquitectura. Creamos imaxes evocadoras de interiores e exteriores de edificacións coa mirada e sensibilidade arquitectónica. Concibimos a reportaxe fotográfica coma un proceso completo, cunha recollida minuciosa de información na localización de cara a contar cuns condicionantes óptimos
  • Documentación gráfica especializada. Mediante o uso de diferentes técnicas e ferramentas, elaboramos documentación técnica de apoio a sectores especializados (fotogrametría para modelos 3D, ortoimaxes en alta resolución, modelos dixitais do terreo, …), como por exemplo na virtualización do patrimonio histórico.
Saber máis

Footer

Séguenos

  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter

Contacto

NOSO Cooperativa
Rúa do Marqués de Valladares, 14, 3º Oficina 7, 36201 Vigo, Pontevedra
ola@nosocoop.com

Menú

  • Contacto

Suscribirse

Estate ao tanto dos nosos recursos e proxectos.

Copyright © 2023 · Iniciar sesión