Perfís do Atlántico ten a finalidade de dar a coñecer catro espazos da xeografía atlántica galega a través dun tour virtual inmersivo co que achegarse aos seus valores paisaxísticos, culturais e naturais. Os puntos escollidos son o monte Santa Trega (A Guarda), o monte do Facho (Cangas), o monte Pindo (Carnota) e a serra da Capelada (Cariño e Cedeira).
En cada unha destas contornas a información que acompaña á visita organízase en diferentes categorías a través das cales pódese profundar en lecturas e narrativas diversas sobre a construción do territorio ao longo do tempo.
Monte Santa Trega (clic aquí) Monte Facho (clic aquí) Monte Pindo (clic aquí) Serra Capelada (clic aquí)